Máis Que Deseño é unha empresa de deseño gráfico e creación web, especializada en deseño de identidade corporativa e desenvolvemento de webs baseadas en estándares.
O obxectivo de Máis Que Deseño é ofrecer aos seus clientes os servizos que necesiten de forma que se adapten ás súas necesidades concretas, tanto para plasmar a súa identidade corporativa en medios tradicionais, coma para publicala en Internet da forma máis eficaz posible.